DIARIO - TEMA 5
Ola de novo! Quero darvos a benvida agora á sección do diario de Linguas Estranxerias no contexto español e internacional onde compartirei as miñas reflexións acerca dos contidos expostos na aula así como do meu proceso de aprendizaxe.
Comezamos pois!
Da primeira clase gustaríame destacar a revisión que se fixo das respostas ao cuestionario inicial da materia e o propio cuestionario inicial. Fíxome reflexionar sobre a importancia de ter un contacto previo co alumnado, en primeiro lugar, para coñecer as súas expectativas da materia e a súa actitude tanto cara aos contidos de cara á materia e ao propio mestrado e, en segundo lugar, para mostrar interese polo que teñen que dicir e polos seus intereses; é importante ter en conta o nivel de motivación e a actitude do alumnado xa que diso dependerá a súa participación, atención, reflexión e todo no que consiste o seu proceso de aprendizaxe. Son factores moi importantes que determinarán, xunto con outros factores, se a aprendizaxe vai ser ou non significativa. Ademais, o feito de revisar as respostas ao cuestionario grupalmente, debatelas e deixar que nos expresáramos mostrou, ao meu parecer, que as nosas respostas ao cuestionario non ían ser só unhas respostas nun documento, senón que se terían en conta realmente os nosos intereses, preocupacións e aportacións. Déusenos tamén a coñecer na presentación como se nos ía a avaliar mais non só se se nos ía a valiar con exames ou proxectos, senón que se nos achegaron os criterios de avaliación, recollidos en rúbricas, para as distintas tarefas da materia. Considero que isto é importante porque, deste xeito, o alumnado xa coñece dende o primeiro momento os criterios que se van a ter en conta e que deben seguir ao realizar calquera entrega ou exposición.
En canto a primeira clase, quero destacar dúas cousas máis; a primeira é o método de actividade en pirámide que se utilizou como comentei xa no Dossier do Tema 5 e, a segunda, o uso das TIC. Por un lado, quero destacar a actividade en pirámide porque é un método que descoñecía por completo e que, con todo, paréceme moi útil. Este método dálle a oportunidade ao alumnado de botarse a falar primiero en parellas para logo chegar a transmitir esa mesma información a un grupo máis grande, o que considero moi positivo debido a que dentro do grupo aula podemos ter alumnos ou alumnas con dificultades para falar antes grandes grupos ou con inseguridades; deste xeito, ese alumnado pode ir gañando a seguridade a base de trasladar a mesma información cada vez a grupos máis grandes. Ao mesmo tempo, ao estar trasladando o mesmo contido, axuda a interiorizalo. Por outro lado, quería falar do uso das TIC porque sempre usei Kahoot! como unha ferramenta para repasos tras rematar un tema e asentar así coñecementos, mais realmente o docente fíxome ver que pode ter outros usos no proceso de aprendizaxe de alumnado como, por exemplo, un instrumento de avaliación inicial. Con todo, debo dicir que as actividades que realizamos nesta aplicación, sobre todo a segundo, foron un pouco frustrantes porque non entendía por que as respostas que dabamos eran incorrectas; quero dicir, claro que o entendín cando o explicou o docente porque estabamos a tratar contidos lexislativos e é o que marcaba a lei! Ao que me refería é a que o meu grupo, ao descoñecer os contidos, tratamos de sacar as respostas por lóxica mais o problema é que a lei, ao meu parecer, non seguía unha lóxica moi clara e por iso erramos.
Por último, como xa falei no Dossier das actividades realizadas, voume centrar máis aquí nos contidos brevemente. En ambas as dúas clases, como xa indiquei, a temática tiña que ver coa lexislación referente a ensinanza das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato, FP e nas Escolas Oficiais de Idiomas; así pois, traballamos con documentos de carácter oficial como son os decretos de currículo, a LOMLOE. Ademais, tamén revisamos os conceptos importantes relacionados co deseño curricular, que persoalmente me axudou moito a entender algo máis da elaboración das porgramacións didácticas, o rango das normas e as diferentes tipoloxías de avaliación, o cal me pareceu moi interesante e é algo que sen dúbida terei en conta para o meu traballo como futura docente.
Como conclusión para este post, quero dicir que, a pesar de non ser unha apaixonada das leis e de ter malas experiencias previas con materias relacionadas coa lexislación, este tema foi fácil de levar e entender debido á metodoloxía seguida polo docente. A aprendizaxe colaborativa facilitou en todo momento o desenvolvemento das aulas xa que o tempo pasaba voando porque as actividades requirían dun papel activo do alumnado.
Vos deixo aquí o meu pequeno esquema dos tipos de avaliación, espero que vos guste!
Ola Noelia!
ResponderEliminarSimplemente quería comentarche que concordo co que dis e que para min, o feito de que se analizasen as respostas aos cuestionarios iniciais tamén me pareceu xenial, xa que nos demostrou que os nosos intereses contan (foi algo que destaquei tamén no meu blog!) Sempre pensamos que non servirán de nada pero neste caso sinto que non foi así. Ademais, tamén concordo co da actividade piramidal, para min foi todo un descubrimento e estou segura de que a utilizarei en ocasións futuras. Como ben dis, son temarios densos e normalmente "aburridos" pero é, sen dúbida, unha boa forma de manexalo.
Un saúdo!
Ola, Sara!
EliminarMoitas grazas por responder á miña entrada! Dende logo que o das actividades piramidais foi todo un éxito; eu, polo menos, xa utilicei esta metodoloxía unhas cantas veces para algunha que outra tarefa e pareceume fácil de empregar e moi útil.
Un saúdo!
Ola, Noelia!
ResponderEliminarAo igual que xa mencionou Sara enriba, tamén penso que as enquisas e cuestionarios son algo totalmente necesario para poder coñecer as necesidades do estudantado así coma os seus intereses. Creo que esta foi unha das poucas materias no meu proceso de aprendizaxe (etapas obrigatorias e postobrigatorias) na que tivese que encher un cuestionario antes de ter unha sesión de clase e, a verdade, é que sempre se agradece cando o/a docente ten en conta o punto de vista do estudantado.
Por outra parte, pareceume moi interesante a actividade que realizamos en pirámide xa que non coñecía esta metodoloxía e resultou ser do máis práctica para que todo o mundo tivese a oportunidade de falar nalgún momento, o cal penso que pode servir e axudar para que aquela xente máis tímida ou que lle custa falar en público exprese a súa opinión.
Un saúdo!